Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Matemáticas para mestres: Educación infantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Diagnóstico de coñecementos previos.
Introducción e presentación da materia.
Reparto da documentación base.
Referencias bibliográficas recomendadas
Caderno de traballo para os grupos.
Outras actividades, exercicios e problemas para o traballo autómo.
Lección maxistral Presentación e explicación dos contidos do temario.
Síntese e reflexión sobre os contidos.
O alumno incorporará ao caderno de traballo o desenvolvemeto do temario.
Traballos de aula Proposta do profesor de exemplos, problemas e actividades singulares que contribúan a unha mellor comprensión dos contidos de cada un dos temas.
Os estudantes traballarán en grupos coa supervisión e dirección do profesor e farán exposición das resolucións.
Poderán empregar a bibliografía e os materiais necesarios.
Na aula haberá comunicación e discusión das diferentes solucións aportadas.
As actividades, exercicios e problemas resoltos se incorporarán ao caderno de traballo.
Traballo tutelado Presentación do caderno de traballo e corrección nas resolucións aportadas.
Resolución de problemas de forma autónoma Un caderno con actividades, exercicios e problemas complementarios, dos temas 2 ao 5, servirá para que o alumnado traballe de forma individual e autónoma. Poderán consultar co profesor nas horas de titoría individualizada que se determinen.
As resolucións poden ser incorparadas ao seu caderno de traballo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000