Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Nas datas establecidas na clase o alumnado deberá presentar oralmente os resultados dos proxectos grupais
propostos polo profesor e que estarán tamén publicados nun portfolio de aprendizaxe. O alumnado presencial deberá realizar todos os proxectos propostos ao longo do curso para ser avaliado na primeira convocatoria. Cada grupo de traballo disporá de 10 minutos e poderá usar os medios técnicos que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán avaliadas polo profesor segundo unha grade de avaliación cuxos criterios e baremo poderán ser consultados na web na materia. O traballo de cada estudante nun proxecto será avaliado polos seus compañeiros de grupo segundo unha grade de avaliación cuxos criterios e baremo poderán ser consultados na web na materia. A nota de cada estudante nun proxecto será a suma ponderada da cualificación do profesor (75%) e a do seu grupo de traballo (25%). En calquera caso, os grupos serán creados aleatoriamente polo profesor.
100 A3
A4
A5
B2
B3
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C37
C42
C43
C51
C53
C61
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso na web da materia e na web da facultade.

Avaliación en primeira convocatoria

Avaliación presencial

O alumnado deberá realizar e expor todos os proxectos expostos polo profesor, así como unha serie de actividades en liña obrigatorias. A nota final calcularase a partir da media das notas obtidas en cada proxecto.

Avaliación non presencial

O alumnado que non puider ou non desexar vir á clase deberá solicitar ao profesor facer a avaliación non presencial ao longo do primeiro mes de aulas. A avaliación non presencial consistirá na realización dun exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. O tipo de exame e a grade de avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na web da materia. 

Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE)

O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia.

Logros e traballos voluntarios en primeira convocatoria

O profesor poderá outorgar ao alumnado distincións cun determinado valor sobre a nota final. A lista de distincións, o seu valor na cualificación final e os criterios da súa concesión estarán detallados na páxina web da materia.

Avaliación en segunda convocatoria

O alumnado que non concorrer a ningunha avaliación (presencial ou non presencial) en primeira convocatoria será avaliado como non presentado. Quen non superar a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas en segunda convocatoria.

O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria.

Linguas de traballo

As linguas de traballo da materia serán o francés, o galego e o castelán. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado poderá empregar calquera das tres linguas de traballo. Porén, o esforzo por usar o francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Os enunciados dos exames estarán redactados en lingua francesa, pero o alumnado poderá realizalo en calquera das tres linguas de traballo da materia.

Fica prohibida a utilización do tradutor automático. O seu uso repetido nun proxecto ou nun exame poderá supor a invalidación dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000