As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso na web da materia e na web da facultade. Avaliación en primeira convocatoriaAvaliación presencialO alumnado deberá realizar e expor todos os proxectos expostos polo profesor, así como unha serie de actividades en liña obrigatorias. A nota final calcularase a partir da media das notas obtidas en cada proxecto. Avaliación non presencialO alumnado que non puider ou non desexar vir á clase deberá solicitar ao profesor facer a avaliación non presencial ao longo do primeiro mes de aulas. A avaliación non presencial consistirá na realización dun exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. O tipo de exame e a grade de avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na web da materia. Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE)O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia. Logros e traballos voluntarios en primeira convocatoriaO profesor poderá outorgar ao alumnado distincións cun determinado valor sobre a nota final. A lista de distincións, o seu valor na cualificación final e os criterios da súa concesión estarán detallados na páxina web da materia. Avaliación en segunda convocatoriaO alumnado que non concorrer a ningunha avaliación (presencial ou non presencial) en primeira convocatoria será avaliado como non presentado. Quen non superar a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas en segunda convocatoria. O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria. Linguas de traballoAs linguas de traballo da materia serán o francés, o galego e o castelán. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado poderá empregar calquera das tres linguas de traballo. Porén, o esforzo por usar o francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Os enunciados dos exames estarán redactados en lingua francesa, pero o alumnado poderá realizalo en calquera das tres linguas de traballo da materia.
Fica prohibida a utilización do tradutor automático. O seu uso repetido nun proxecto ou nun exame poderá supor a invalidación dos mesmos. |