Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Lingua e literatura: Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Traballos e actividades propostos polos docentes. 40 B6
B11
C42
C44
D1
D3
D7
Presentación Elaboración e exposición dun traballo extenso. Na exposición valoraranse tanto os contidos como a exposición oral. 20 B6
B11
C43
C44
C49
D1
D7
D9
Lección maxistral Valorarase a participación habitual do estudantado nas sesións expositivo participativas 10 B6
B11
C43
C44
C49
D1
D7
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación das competencias adquiridas mediante respostas a cuestións teórico-practicas dotadas de relevancia no programa 30 B6
C44
C46
C51
D1
D3
D13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA



Farase una avaliación continua a través do seguimento do
alumno nos traballos da aula, a través da exposición de traballos e a
realización de probas.



Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita
e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos e a aportación
crítica de ideas e reflexións no desenvolvemento dos devanditos traballos.



Para poder ser calificado con esta modalidade, o alumno
deberá entregar todas as probas establecidas polas docentes, nas datas
indicadas. Se o alumno non entrega todos os traballos, non poderá acollerse á
avaliación continua.



AVISO: a detección de plaxio nalgún dos traballos propostos
suporá a perda do dereito á avaliación continua.



AVALIACIÓN GLOBAL



Os alumnos que non fagan avaliación continua farán unha
proba final que valerá o 100% da nota final, que se realizará nas datas
oficiais establecidas polo centro.



Neste exame haberá unha parte teórica e unha parte práctica
que abrangue tanto exercicios de corrección lingüística, semellantes aos
desenvolvidos nas horas prácticas da materia, como de aplicación didáctica dos
contidos estudados ao longo do curso.



Avaliarase a competencia lingüística, a aprendizaxe de contidos e a aplicación de competencias e de
coñecementos no desenvolvemento das preguntas formuladas.



Os alumnos poderán consultar as datas oficiais dos exames na
web da facultade, no apartado de Organización Académica: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames.



2ª CONVOCATORIA



Na convocatoria de xullo farase unha proba final que valerá
o 100% da calificación.

Avaliarase a competencia lingüística, a aprendizaxe de contidos e a aplicación de competencias e de coñecementos no desenvolvemento das preguntas formuladas

As datas dos exames poden consultarse na páxina web do
centro, no apartado de Organización Académica:
http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000