Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da expresión plástica e visual
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O traballo por proxectos como ferramenta metodolóxica;
Entregas parciais
Resolucións e obxectualizacións finais. Propostas rematadas. valoración obxectual e conceptual.
Presentación de proxectos e materiais didácticos en público
55 A3
A4
B1
B11
C1
C4
C25
C29
C53
C56
C57
C58
C59
C62
C63
D1
D2
D7
D9
D13
D15
D16
D17
D20
D21
Resolución de problemas de forma autónoma Execución técnica adecuada de procedementos e experimentacións de caracter artístico, plástico e visual específico.
20 C23
C34
C41
C56
C58
D1
D15
D17
D21
Lección maxistral Interpretación, valoración e recoñecemento de obras artísticas.
Soporte conceptual da linguaxe e recursos específicos da expresión plástica e visual.
Participación activa nas sesións teóricas.
25 A2
A3
A4
B11
C5
C23
C58
C60
C61
C62
C63
D1
D8
D11
D13
D15
D17
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas de exames se poden consultar na web da facultade no
apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames

A asistencia puntual e regular a clase e necesaria para o correcto desenvolvemento do curso

No caso das SESIÓNS MAXISTRAIS (25%) o seu seguimento é imprescindible para o asentamento
conceptual dos contidos teóricos. Valorarase ata con dous puntos en función da asistencia activa e participativa nas sesións e a resolución puntual de exercicios que se plantexarán no trascurso das clases.

RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS OU EXERCICIOS (20%) recolle a necesidade de adquirar habilidades técnicas e procedimentais relacionadas coa produción plástica bi e tridimensional.

A realización de TRABALLOS TUTELADOS (55%) recolle o plantexamento da execución de traballo por proxectos, na que se valorarán as entregas pautadas parciais e a entrega final que se presentará ao resto dos alumnos. Valorarase deste item o produto final plástico presentado, a posta en escea e a correcta argumentación de contidos expostos.

Para poder facer a presentación final do traballo tutelado é IMPRESCINDIBLE a entrega de polo menos o 75% das entregas parciais en tempo e forma.

Para superar a materia será necesario obter unha media
de 5 calculando as porcentaxes detalladas en cada un dos bloques de
avaliación. É imprescindible ter un 4 como nota mínima en cada un dos bloques para que se proceda a calcular a nota media.

De non ter superada a materia en primeira convocatoria , as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de Xullo

 SEGUNDA
CONVOCATORIA

Os/as alumnos/as que non tiveran asistido durante o curso académico ordinario deberán porse en contacto coas responsables da
materia, para que se lles indique o detalle dos materiais a entregar para superar a materia. Haberá unha proba escrita de
contidos mínimos teóricos obrigatoria.

No caso de alumnos/as que asistan regularmente a clase e presenten as entregas parciais puntualmente e en forma e aínda
así non logren superar a materia deberán, para esta segunda convocatoria, repertir só aquelas entregas nas que non
alcanzasen a nota mínima de 5. Conservaráselles o resto das notas obtidas nos exercicios aprobados e acharase a media
correspondente en función dos criterios xa comentados.

As datas de exames se poden consultar na web da facultade no
apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000