Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da expresión plástica e visual
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2018_19
Materia Didáctica da expresión plástica e visual Código P02G110V01502
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Martínez López de Castro, Rut
Paz García, Maria Begoña
Ezquieta Llamas, Iciar
Correo-e begpaz@gmail.com
riadepontevedra@hotmail.com
rutmlc@hotmail.com
Profesorado
Ezquieta Llamas, Iciar
Martínez López de Castro, Rut
Paz García, Maria Begoña
Web
Descrición xeral A finalidade primeira da “didáctica da expresión plásticas e visual” é proporcionar aos alumnos unha formación artística e didáctica de calidade. Tanto no que se refiere á capacidade de formalizar e interpretar produccións de arte nos seus diversos ámbitos e territorios, como concepto ampliado, como no que se refiere á capacidade de reelaborar os mencionados contidos para facilitar a formación dos nenos (de 3 a 6 anos).
A tarefa e construir un sustrato de coñecemento teórico necesario, combinado cunha serie de destrezas e habilidades formáis que armen ao alumno dunha capacidade critica e creativa que lle permita desenrolar ferramentas de aprendizaxe, valoración e coñecemento coas que traballar no campo da educación infantil.
Traballaremos no taller con rutinas procedimentáis e elaboracións técnicas simultáneamente ao estudo de contidos xerais da historia da arte. Estas tarefas máis CONVENCIONAIS convivirán coa análise e o traballo dentro dos novos espazos da arte e as novas ferramentas visuais, audiovisuais e tecnolóxicas nas que
abordaremos posibilidades de traballo máis vinculadas a linguaxes actuais cercanos e intuitivos para os rapaces cos que os nosos alumnos terán que traballar.
Plantexaremos estratexias de traballo colaborativo combinadas con propostas individuais dentro de estructuras de traballo por proxectos que vehicularán o transcorrer do cuadrimestre.
As rutinas habituais do noso traballo durante o curso académico alternarán a producción práctica coa reflexión teórica, o traballo de campo e as propostas de ferramentas didácticas específicas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000