Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Aprendizaxe da lingua estranxeira: Inglés/P02G110V01501


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Comunicación: Lingua española/P02G110V01101
Comunicación: Lingua galega/P02G110V01201
 
Outros comentarios
Nesta materia consolidarase o nivel B1 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Aínda que tamén se traballarán certas competencias dos niveis iniciais e de B2, en ningún caso partirase dun coñecemento cero da lingua inglesa. Para poder cursar esta materia con comodidade e aproveitamento, recoméndase que o alumnado, ao empezar, teña un nivel de competencia comunicativa próximo a B1, isto é, uns coñecementos previos de inglés equivalentes a A2/B1 dentro do Marco Europeo de Referencia para as Linguas. Así mesmo, pódense reforzar os coñecementos do idioma e elevar o nivel a través de cursos na Escola Oficial de Idiomas, a UNED, o Centro de Linguas da Universidade de Vigo ou outros estamentos. Así mesmo, fomentarase a aprendizaxe autónoma a través de ligazóns e páxinas web especializadas na aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000