Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Aprendizaxe da lingua estranxeira: Inglés/P02G110V01501


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Comunicación: Lingua española/P02G110V01101
Comunicación: Lingua galega/P02G110V01201
 
Outros comentarios
Nesta materia consolidaranse os niveis A2 e B1 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Aínda que tamén se traballarán certas competencias dos niveis iniciais, en ningún caso partirase dun coñecemento cero da lingua inglesa. Para poder cursar esta materia con comodidade e aproveitamento, recoméndase que o alumnado, ao empezar, teña un nivel de competencia comunicativa próximo a B1, isto é, uns coñecementos previos de inglés equivalentes a A2/B1 dentro do Marco Europeo de Referencia para as Linguas. Así mesmo, pódense reforzar os coñecementos do idioma e elevar o nivel a través de cursos na Escola Oficial de Idiomas, a UNED, o Centro de Linguas da Universidade de Vigo ou outros estamentos. Así mesmo, fomentarase a aprendizaxe autónoma a través de ligazóns e páxinas web especializadas na aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000