Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas O docente recollerá na clase os resultados de varias actividades de comprensión e expresión oral e escrita. O obxectivo é obter mostras da evolución do alumnado e verificar a súa asistencia ás sesións presenciáis (10). 10 B11
C29
C44
C48
C63
D3
D4
D7
D8
D15
D16
D17
Presentación Os alumnos realizarán 4 exposicións obligatorias.

Exposición 1 (10). En parejas presentarase un tema adxudicado o principio do curso e de interese para o alumnado e para a materia.
Será necesario entregar á profesora un resumo cos puntos de interese desta exposición por escrito. O archivo ten que ir etiquetado da seguinte maneira: topic_apelido1_apelido1_2019_infantil2.pdf

Exposición 2 (10): o alumnado individualmente presentará un tema do seu interese seguindo as pautas pautas expostas pola profesora o comenzo do curso.

Exposición 3: en parellas. Concurso de karaoke "FEP Awards" (10 puntos).

Exposición 4 (10). En grupos representación dun sketch o pequeña obra de teatro.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B11
C6
C13
C21
C22
C29
C41
C43
C44
C46
C49
C52
C55
C57
C59
C63
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
D15
D16
D17
D19
Exame de preguntas obxectivas Trátase dunha proba de avaliación final que abarcará a totalidade dos contidos da materia dende uhna perspectiva lingüística, e cuxa data vén marcada no calendario académico oficial do centro no mes de maio (30). 30 A1
A2
A3
C43
C44
C48
C49
C57
D3
D4
D8
D15
Exame oral Para superar a materia haberá que realizar unha proba oral na que se avaliará a comprensión e expresión oral (20 puntos). A proba oral consistirá nunha charla de 10 minutos en lingua estranxeira coa profesora sobre os contos e a película obrigatorios. 20 A3
C44
C45
C46
C48
C49
C51
C52
D1
D2
D3
D4
D15
D19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTRAS VÍAS: 


En caso de ausencia forzosa do docente, as tarefas e contidos poderán ser abordados por vía telemática. 


A atención personalizada farase no despacho 115 previa cita vía e-mail (ilareo@uvigo.es). 

LIBROS DE UTILIZACIÓN NA AULA
 
Latham-Koenig, Christina and Oxenden, Clive (2017) English Fie Intermediate student's book. Third edition. Oxford: OUP.
Utilizarase principalmente este libro ainda que tamén pódense empregar outros materiais.
 
LIBROS DE LECTURA OBRIGATORIA PARA O EXAME ORAL

Donaldson, Julia (2010). One Ted falls out of bed. London: Macmillan children's books.
Burnet,  Carol (1987). The Mice and the cat. Oxford: OUP


FILME OBRIGATORIO PARA O EXAME ORAL

Werner, Peter (2008). FRONT OF THE CLASS.


 AVALIACIÓN: 


A avaliación da aprendizaxe do alumnado farase de forma continua e servirá para regularizar e supervisar o ritmo do traballo. 

 Para poder optar á avaliación continua é necesario realizar as exposicións, entregar o traballo e realizar a proba final na data prevista polo centro para os exames do segundo cuatrimestre e que saen publicados no apartado de organización académica da páxina da facultade (www.fcced.webs.uvigo.es). 

O uso de tradutores automáticos está totalmente prohibido. A súa utilización nos traballos suporá a perda do dereito á avaliación continua, e o paso directo á segunda convocatoria. O mesmo tratamento terá a información copiada directamente do internet.

 A cualificación final de cada estudante será o resultado dunha cantidade suficiente de de notas ponderadas obtidas ao longo do
curso.  Valorarase positivamente a asistencia e a participación nas actividades de clase, a realización de exercicios prácticos, e a
preparación e entrega de traballos, e a colaboración na aula. Dentro das porcentaxes das tarefas e exposicións asignarase unha parte para o grado de corrección fonética do alumno.

Os traballos só poderán ser entregados en forma e data indicados.  

Para poder sumar todas as puntuacións obtidas durante o curso, é necesario obter na parte escrita do exame de final de cuadrimestre unha cualificación mínima de 15 sobre os 30 outorgados a esta parte.
En canto á proba oral, que se valorará cos 20 puntos restantes, por razóns de organización e distribución do tempo no día do exame oficial, esta parte oral poderá ser realizada noutras datas acordadas entre o docente e os estudantes. A proba consistirá nunha conversación sobre o filme e os contos propostos na bibliografía. Devandito material porase a disposición do alumno ao comezo do curso, na plataforma FAITIC e na biblioteca.

Os estudiantes que non poidan acudir as aulas, pero que prefiran elixir a evaluación continua, poderán facelo sempre que poidan realizar as exposición nos datas adxudicadas pola profesora. Os cambios de data só se poderán facer por permuta coas compañeiras.

SEGUNDA CONVOCATORIA
 
Todos os estudantes, asistan ou non as aulas, teñen dereito a ser evaluados mediante un exame. Poderán entón presentarse á segunda convocatoria onde  disporán da puntuación total (100%) para a realización de dúas probas, unha escrita, onde se avaliarán coñecementos da lingua nas diferentes destrezas: listening, writing, Reading and writing (75%) e outra oral (25%), na que se conversará 10 minutos coa profesora sobre temas didácticos ou de interese do filme e os contos obrigatorios. Para poder superar a materia é necesario obter polo menos 37 puntos na parte escrita, dos 75 e 12 dos 25 da proba oral. As datas do exame podense consultar na web da facultade (www.fcced.webs.uvigo.es).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000