Existen dos sistemas de avaliación. A elección dun sistema exclúe ao outro.
Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é necesario asistir ao 80% das horas presenciais con aproveitamento e participación. Aquel/la alumno/a que non alcance dito procentaxe, perderá esta opción.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado que se acolla á avaliación continua exponse de forma continua e servirá para regular e supervisar tanto o ritmo
de traballo, como para permitir ao alumnado coñecer o seu grao de adquisición de coñecementos.
A cualificación final de cada alumno/a será o resultado dunha cantidade suficiente de de notas ponderadas obtidas ao longo do
curso.
Valorarase positivamente a asistencia e a participación nas actividades de clase, a realización de exercicios prácticos, a
preparación e entrega de traballos para completar a unidade abordada.
Para poder superar a materia, é necesario obter na parte escrita do exame final unha cualificación mínima de 3,5
puntos sobre 10.
Por razóns de organización e distribución do tempo no día do exame oficial, a parte oral terá lugar a continuación da proba escrita.
A avaliación única (avaliación non continua) consitirá nuhna proba global final que se realizará na mesma data que a proba oficial do alumnado que se acolla á avaliación continua. Consistirá nunha proba escrita (50%) e unha exposición oral (50%). A exposición oral terá lugar a continuación da proba escrita.
En relación á segunda convocatoria, manteranse como superadas as partes da materia que fosen
previamente aprobadas na convocatoria anterior.