Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia (Grupo A): obxectivos, contidos, criterios de avaliación, etc. Realización dunha enquisa de análise de necesidades para detectar os coñecementos previos de inglés e descubrir os intereses e motivación do alumnado.
Resolución de problemas Nas sesións presenciáis realizaranse exercicios prácticos de comprensión oral (diálogos, cancións e fragmentos de películas) e escritura (lectura de diferentes textos relativos a temas culturais, da propia titulación ou literarios). Utilización de vídeos e gravacións relacionados cos temas tratados como recurso metodolóxico importante. Para as horas de traballo persoal, o alumnado deberá realizar os exercicios necesarios para a mellora no seu nivel de inglés.
Debate As sesións presenciais realizaranse cos grupos B e centraranse en actividades de expresión oral: xogos de rol, simulacións globais e presentacións persoais e/ou profesionais, debates en grupos.
Para as horas de traballo persoal, o alumnado deberá realizar os exercicios das gramáticas que se recomendan na bibliografía e traballar co vocabulario que se porá á súa disposición na plataforma Moovi.
Presentación As sesións presenciais realizaranse cos grupos B e centraranse en actividades de expresión escrita como, redacción de pequenas composicións, ditados, realización de exercicios. Comprensión e expresión oral, a través de vídeos, debates e de exposicións de proxectos. Para as horas de traballo persoal, o alumnado deberá preparar os seis proxectos por escrito e as presentacións do seu traballo para os seus compañeiros. Tamén terá que realizar os exercicios gramaticais que precise para mellorar o seu nivel de competencia nesta lingua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000