Resolución de problemas e/ou exercicios |
Nas sesións presenciais, co grupo, realizaranse exercicios prácticos de comprensión oral (diálogos, cancións e fragmentos de películas) e escritura (lectura de diferentes textos epistolares, xornalísticos e literarios). Utilización de vídeos e gravacións relacionados cos temas tratados como recurso metodolóxico importante. Actividades a través de TIC no laboratorio de idiomas. Para as horas de traballo persoal, o alumnado deberá realizar os exercicios de gramática correspondentes. |
Presentacións/exposicións |
As sesións presenciais realizaranse cos grupos B e centraranse en actividades de expresión escrita: redacción de notas e correos electrónicos, formalización de formularios, elaboración de presentacións, resumos de filmes ou noticias de prensa e ditados. Para as horas de traballo persoal, o alumnado deberá realizar os exercicios de gramática que se porán ao seu dispor na plataforma Faitic. |