Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Inglés
   Contidos
Tema Subtema
Aspectos lingüísticos. a) Léxico, gramática, semántica, pragmática, corrección fonolóxica, homofonía, grafemas da lingua inglesa.
b) Aprender a aprender de maneira autónoma.
Aspectos sociolingüísticos: os marcadores lingüísticos de relacións sociais, as normas de cortesía, as expresións de sabedoría popular, diferenzas de rexistro. a) Presentarse aos demais / presentar aos demais: aspecto físico, personalidade, contorna familiar e laboral.
b) Expresar gustos e preferencias.
c) Planificar actividades.
Aspectos discursivos: ordenar oracións en función da secuencia natural, relacións de causa e efecto (ou viceversa), estruturación do discurso; ordenar o discurso en función da organización temática, coherencia e cohesión. a) Preparar presentacións eficaces.
b) Ler e redactar pequenas composicións.
c) Narrar un acontecemento.
d) Contar o argumento dun libro ou dunha película.
e) Facer e atender unha chamada telefónica.
f) Buscar ou explicar o camiño para ir a un lugar.
g) Ir de compras, alugar unha vivenda.
h) Viaxar, coller un tren ou un avión.
I) Outros temas de interese para o desenvolvemento da vida do alumnado.
Aspectos interculturais: a vida diaria, as relacións persoais, valores, crenzas e actitudes, linguaxe corporal, convencións sociais, comportamentos rituais. a) A vida diaria.
b) As relacións persoais.
c) Valores, crenzas e actitudes.
d) Linguaxe corporal, convencións sociais e comportamentos rituais.
Estratexias verbais que se utilizan para impedir a incomunicación Solicitude de repetición, paráfrase, uso de palabras xerais, aproximación, aclaración, solicitude de axuda. Utilización de palabras "comodín" ou "recheo".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000