Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Francés
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Comunicación: Lingua española/P02G110V01101
Comunicación: Lingua galega/P02G110V01201
 
Outros comentarios
Nesta materia consolidaranse competencias dos niveis A1 e A2 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas. Aínda que se traballarán as competencias destes niveis iniciais, non se partirá dun coñecemento cero da lingua francesa. Recoméndase que o alumnado matriculado teña estudado, ao menos, dous anos de lingua francesa en ESO e/ou Bacharelato. Aconséllase que, tras cursar esta materia, o alumnado continúe adquirindo máis competencias en lingua francesa na Escola Oficial de Idiomas. O profesor pediralle ao alumnado que dispoña dun perfil en Google (gmail) e en Facebook. En caso de ausencia xustificada do profesor, este garantirá as aprendizaxes do alumnado mediante actividades en liña.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000