Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Ao longo do curso o alumnado deberá realizar unha serie de proxectos grupais relacionados cos contidos de lingua francesa da materia. Cada proxecto será presentado oralmente na aula e publicado no portfolio ou blog de aprendizaxe de cada estudante. Os grupos disporán de dez minutos para expor o seu proxecto en lingua francesa e poderán usar os medios técnicos que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán avaliadas polo profesor segundo unha grade de avaliación cuxos criterios e baremo poderán ser consultados na web na materia. O traballo de cada estudante nun proxecto será avaliado polos seus compañeiros de grupo segundo unha grade de avaliación cuxos criterios e baremo poderán ser consultados na web na materia. A nota de cada estudante nun proxecto será a suma ponderada da cualificación do profesor (75%) e a do seu grupo de traballo (25%). En calquera caso, os grupos serán creados aleatoriamente polo profesor. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar todas as tarefas propostas nos prazos fixados na clase polo profesor. 50 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C5
C6
C8
C13
C21
C22
C28
C29
C30
C40
C41
C42
C43
C44
C45
C46
C47
C48
C49
C50
C51
C52
C54
C55
C56
C57
C59
C60
C61
C62
C63
C64
C65
C66
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
Resolución de problemas Na data oficial do exame, fixada polo centro, o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nas datas negociadas na clase, o alumnado deberá realizar outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 50% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar as catro probas. 50 C43
C44
C45
C46
C48
C49
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D10
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Logros e traballos voluntarios en primeira convocatoria

O profesor poderá outorgar ao alumnado distincións cun determinado valor sobre a nota final. A lista de distincións, o seu valor na cualificación final e os criterios da súa concesión estarán detallados na páxina web da materia.

O profesor proporalle ao alumnado unha serie de tarefas que poderá realizar voluntariamente para ampliar as súas aprendizaxes e mellorar a cualificación dos proxectos. As instrucións e sistema de avaliación estarán detallados na páxina web da materia. As tarefas ou proxectos voluntarios farán media coas tarefas obrigatorias.

Alumnado con ausencia prolongada

O alumnado que xustificar unha ausencia superior ás tres semanas será avaliado na data oficial do exame e o 100% da súa nota final será a suma das obtidas nas catro probas propostas.

Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE)

O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia.

Segunda convocatoria

Para a segunda convocatoria e na data oficial fixada polo centro, o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nese día, o alumnado deberá realizar tamén outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 100% da nota final da materia. Para poder ser avaliado en segunda convocatoria, o alumnado deberá realizar estas catro probas na data estabelecida polo centro.

Linguas de traballo 

A lingua de traballo da materia será o francés. O profesor comunicarase co alumnado en todo
momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa. O alumnado deberá empregar esta lingua de xeito obrigatorio nas actividades de aprendizaxe, tanto presenciais como en liña. Fóra das aulas e na comunicación presencial ou electrónica co profesor, o alumnado poderá empregar o galego ou o castelán. Porén, o esforzo por usar o
francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Fica
prohibida a utilización do tradutor automático. O seu uso repetido nunha tarefa ou nun portfolio poderá supor a
invalidación dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000