Logros e traballos voluntarios en primeira convocatoriaO profesor poderá outorgar ao alumnado distincións cun determinado valor sobre a nota final. A lista de distincións, o seu valor na cualificación final e os criterios da súa concesión estarán detallados na páxina web da materia. O profesor proporalle ao alumnado unha serie de tarefas que poderá realizar voluntariamente para ampliar as súas aprendizaxes e mellorar a cualificación dos proxectos. As instrucións e sistema de avaliación estarán detallados na páxina web da materia. As tarefas ou proxectos voluntarios farán media coas tarefas obrigatorias. Alumnado con ausencia prolongadaO alumnado que xustificar unha ausencia superior ás tres semanas será avaliado na data oficial do exame e o 100% da súa nota final será a suma das obtidas nas catro probas propostas. Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE)O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia. Segunda convocatoriaPara a segunda convocatoria e na data oficial fixada polo centro, o alumnado deberá realizar unha proba de avaliación das competencias de comprensión oral e escrita (cada unha delas contará un máximo de 2 puntos), así como de expresión escrita. Nese día, o alumnado deberá realizar tamén outra proba de expresión oral. As probas de expresión avaliaranse, cada unha delas, de 0 a 3 puntos seguindo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo se fixarán na clase. A suma destas catro probas constituirá o 100% da nota final da materia. Para poder ser avaliado en segunda convocatoria, o alumnado deberá realizar estas catro probas na data estabelecida polo centro. Linguas de traballo A lingua de traballo da materia será o francés. O profesor comunicarase co alumnado en todo
momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa. O alumnado deberá empregar esta lingua de xeito obrigatorio nas actividades de aprendizaxe, tanto presenciais como en liña. Fóra das aulas e na comunicación presencial ou electrónica co profesor, o alumnado poderá empregar o galego ou o castelán. Porén, o esforzo por usar o
francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Fica
prohibida a utilización do tradutor automático. O seu uso repetido nunha tarefa ou nun portfolio poderá supor a
invalidación dos mesmos. |