Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Francés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesión de 1 hora presencial co grupo A (toda a clase) no inicio do curso. Explicaranse os obxectivos e contidos da materia, así como a metodoloxía aplicada e o sistema de avaliación. Tamén se presentarán os recursos e ferramentas de aprendizaxe en liña.
Aprendizaxe baseado en proxectos Ao longo do curso, o profesor proporá un mínimo de catro proxectos grupais que deberá realizar cada estudante. As datas de realización e exposición oral dos proxectos serán estabelecidas polo profesor no inicio do curso. O profesor guiará o alumnado para a execución destes proxectos preferentemente nas horas co grupo B e através do grupo de traballo en liña. O alumnado poderá realizar proxectos voluntarios que o profesor poderá premiar con insignias.
Resolución de problemas O profesor guiará o alumnado para a execución dos proxectos propondo actividades comunicativas centradas, por un lado, na práctica da expresión e comprensión, e, por outro, no reforzo das competencias en fonética, léxico e gramática. Tamén se proporán actividades de reforzo en internet.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000