Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Francés
   Contidos
Tema Subtema
1. Aspectos lingüísticos: léxico, gramática, semántica, corrección fonética, ortografía, ortoepía. 1. Os niveis de referencia A1 e A2
2. Aspectos sociolingüísticos: os marcadores lingüísticos de relacións sociais, as normas de cortesía, as expresións de sabedoría popular, diferenzas de rexistro. 1. Presentarse aos demais / presentar os demais: aspecto físico, personalidade, contorno familiar e laboral.

2. Falar de si mesmo: expresar gustos e preferencias.

3. Organizar axendas e planificar actividades.

4. Combinar encontros e facer convites.
3. Aspectos discursivos: ordenar oracións en función da secuencia natural, relacións de causa e efecto (ou viceversa), e estruturación do discurso; ordenar o discurso en función de organización temática, coherencia e cohesión. 1. Escribir cartas e correos electrónicos.

2. Ler e redactar pequenos anuncios.

3. Narrar un acontecemento.

4. Contar o argumento dun libro ou dun filme.
4. Estratexias verbais que se utilizan para impedir a incomunicación: solicitude de repetición, paráfrases, uso de palabras xerais, aproximación, aclaración , solicitude de axuda. 1. Facer e atender unha chamada telefónica.

2. Buscar ou explicar o camiño para ir a un lugar
5. Aspectos interculturais: a vida diaria, as relacións persoais, valores, crenzas e actitudes, linguaxe corporal, convencións sociais, comportamentos rituais. 1. Encher formularios.

2. Falar dos hábitos cotiáns: horarios, comidas e actividades.

3. Comprar e vender.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000