Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Idioma estranxeiro I: Francés
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante unha eventual interrupción da docencia presencial motivada por situacións excepcionais, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

Non se requiren adaptacións dos contidos xa que todos poden ser traballados nun contexto non presencial. As metodoloxías docentes, xa baseadas no uso síncrono de espazos dixitais colaborativos, tampouco requiren modificacións. As aulas en liña faranse por videconferencia no Campus remoto nos horarios previstos para as aulas presenciais sempre que for posíbel.

As titorías garantiranse preferentemente por videconferencia, aínda que tamén se poderá contactar co profesor por e-mail ou por teléfono. Varias referencias da bibliografía recomendada está dispoñíbel en formato dixital. O alumnado interesado na súa consulta deberá contactar o profesor.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

O sistema de avaliación previsto para as diferentes convocatorias mantense nun contexto non-presencial. Os exames da avaliación non presencial ou de segunda convocatoria realizaranse a través da plataforma de aprendizaxe e do Campus remoto na data e hora previstas polo centro. As probas de expresión oral requirirán a gravación de ficheiros de audio por parte do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000