Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica da lingua e a literatura infantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentarlle a materia ao alumnado.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos teóricos sobre a materia, así como presentación de estratexias, experiencias e recursos didácticos. Isto tamén se levará á práctica mediante a formulación de diferentes propostas de traballo.
Obradoiro Realización de actividades prácticas ao redor da literatura de transmisión oral e os novos formatos (álbum silente, álbum ilustrado, libro-obxecto...).
Presentación Exposición por parte do alumnado de temas sobre contidos da materia ou dos resultados de análises, tarefas, traballos, experiencias, prácticas etc.
Eventos científicos Asistencia e participación en diferentes eventos vinculados coa materia, como é o caso do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Aprendizaxe baseado en proxectos A partir da selección de textos literarios, procederase á súa reescritura para, posteriormente, seren dramatizados mediante o emprego de diferentes estratexias e recursos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000