Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe das ciencias da natureza
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2018_19
Materia Aprendizaxe das ciencias da natureza Código P02G110V01403
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Álvarez Lires, María Mercedes
Serralle Marzoa, Jose Francisco
Correo-e lires@uvigo.es
jfserralle@uvigo.es
Profesorado
Álvarez Lires, María Mercedes
Serralle Marzoa, Jose Francisco
Web http://lires@uvigo.es
Descrición xeral A Lei Orgánica de Educación (L.O.E) establece un área de coñecemento denominada Coñecemento do contorno e interacción co mundo, na Educación Infantil, e presenta o currículo correspondente cun enfoque globalizado de cara a un primeiro achegamento do alumnado ao desenvolvemento das competencias básicas.

Sen embargo, o necesario afondamento en niveis de formación superiores fai que, por exemplo, no nivel universitario, a materia Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural sexa obxecto de investigación e docencia por parte de profesorado especialista.

A práctica docente universitaria e as liñas de investigación didáctica, neste campo, deben contemplar metodoloxías e construcións conceptuais, procedementais e actitudinais, sempre en interacción, relativas a problemas globais de actualidade tales como os referidos ao medio ambiente e ao desenvolvemento sostible e co horizonte do desenvolvemento das competencias básicas. Deste modo, partindo das metodoloxías propias da didáctica das ciencias, pódense utilizar os enfoques C-T-S, os da construción do coñecemento arredor de problemas globais, os de alfabetización científica e técnica da cidadanía, ou os da Educación en Ciencia Global, que deben incluír a introdución da transversalidade, prestando especial atención á igualdade entre homes e mulleres, dentro dun modelo integrador .
No presente curso continuarase coa experimentación do Proxecto de Innovación: "DESEÑO E IMPLANTACIÓN DE PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN EN GRAOS E POSGRAOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA TEMA: CUESTIONARIOS KPSI, RÚBRICAS E MAPAS CONCEPTUAIS EN FORMATO DIXITAL" (Pendente de Resolución Reitoral), consistente en:
Neste marco proponse o deseño e implantación de procedementos que inciden no proceso de aprendizaxe (avaliación formativa e formadora, na que o alumnado é corresponsable) a través dos seguintes instrumentos: Cuestionarios ou formularios Knowledge and Prior Study Inventory (KPSI), Rúbricas ou matrices de valoración e Mapas Conceptuais. Todos eles están inseridos na combinación entre o traballo cooperativo e o individual, pois se ben os procesos de aprendizaxe teñen lugar socialmente, a aprendizaxe é individual. No caso dos Mapas Conceptuais tamén se utilizan como probas de execución ou realización.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000