Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe das ciencias da natureza
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Aprendizaxe das ciencias da natureza Código P02G110V01403
Titulacion
Grao en Educación Infantil
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Correo-e
Profesorado
Amorín de Abreu, Tamara
Serrallé Marzoa, José Francisco
Web
Descrición xeral A Lei Orgánica de Educación (LOE) establece unha área de coñecemento denominada Coñecemento do contorno e interacción co mundo, na Educación Infantil, e presenta o currículo correspondente cun enfoque globalizado de cara a un primeiro achegamento do alumnado ao desenvolvemento das competencias básicas.

Non obstante, o necesario afondamento en niveis de formación superiores fai que, por exemplo, no nivel universitario, a materia Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural sexa obxecto de investigación e docencia por parte de profesorado especialista.

A práctica docente universitaria e as liñas de investigación didáctica, neste campo, deben contemplar metodoloxías e construcións conceptuais, procedementais e actitudinais, sempre en interacción, relativas a problemas globais de actualidade tales como os referidos ao medio ambiente e ao desenvolvemento sostible e co horizonte do desenvolvemento das competencias básicas. Deste modo, partindo das metodoloxías propias da didáctica das ciencias, pódense utilizar os enfoques C-T-S, os da construción do coñecemento arredor de problemas globais, os de alfabetización científica e técnica da cidadanía, ou os da Educación en Ciencia Global, que deben incluír a introdución da transversalidade, prestando especial atención á igualdade entre homes e mulleres, dentro dun modelo integrador.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000