Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Identificación, prevención e tratamento dos trastornos do desenvolvemento e da conduta
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición por grupos e por escrito ó docente dos resultados da avaliación de tres alumnos/as de educación primaria, utilizando probas adaptadas a este alumnado co obxecto de detectar o nvel de desenvolvemento evolutivo no ámbito cognitivo, emocional e social e actuar en consecuencia. 30 D1
D2
D7
D11
D14
D16
Traballo tutelado Avaliación de actividades desenvolvidas polo estudante na aula tales como: exposicións, análise de casos, debates, etc. sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. pódese levar a cabo de xeito individual ou grupal 10 B1
C13
D3
D6
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas mediante preguntas tipo test ou de resposta curta. 30 D1
D2
D7
D16
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Deseño, desenvolvemento, creatividade, dificultade, compromiso, perfección na elaboración dos traballos e na resolución dos casos prácticos 30 D1
D2
D7
D9
D11
D14
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para optar á avaliación continua esíxese a asistencia regular de, polo menos o 80% das sesións de clase, traballos tutelados e titorías de grupos.

Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da calificación de cada apartado.

Aqueles estudantes que non superen algunha das probas de avaliación poderán recuperalas nas datas oficiais correspondentes á segunda oportunidade, no mes de xuño-xullo.

No caso de que algún estudante non poida seguir a avaliación continua e os traballos en grupo titorizados polos docentes, pode acollerse á avaliación global, que consistirá na realización dunha proba de contidos teóricos que suporá o 80% da nota ademais de dous traballos teórico-prácticos ao que corresponderá o 20% (10% por cada un dos traballos),  correspondentes á cualificación final. Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada unha das partes (teórica e práctica) un 50% da cualificación total das mesmas.

As datas oficiais dos exames pódense consultar na web
da facultade no apartado de exames: http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000