Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas curtas e/ou preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40 B1
B8
C7
C8
C9
C16
Resolución de problemas e/ou exercicios Deste xeito, a alumna ou o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Pode presentalo en formato folleto, tríptico, páxina web, blogue,... A aplicación desta técnica pode ser presencial ou non presencial.
Pódense empregar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, chat, correo, foro, audioconferencia, videoconferencia, etc.
15 B2
B10
C7
C8
C9
C16
C18
C19
C60
D1
D2
D7
Práctica de laboratorio Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. O alumnado debe dar resposta á actividade presentada, aplicando
os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Poden estar formuladas como preguntas curtas e/ou preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
40 B1
B2
B3
B4
C7
C8
C9
C16
C17
C18
C19
C22
C60
D1
D2
D7
Cartafol/dossier Compilación de información sobre os traballos realizados durante o seu período de formación ou presentación dun traballo na aula para todo o grupo clase
5 B8
C7
C8
C9
C16
C17
C18
D1
D2
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: Para acadar unha avaliación cointinua positiva, dada a modalidade de ensino presencial da materia, esíxese a realización e entrega das diferentes tarefas recomendadas na aula, tanto nos grupos A, B e C, para poder superar a materia a través da avaliación contínua é necesario ter unha nota mínima de 5 en cada un dos traballos realizados e nos diferentes probas escritas.

Avaliación global: O alumnado non asistente ou non supera a avaliación contínua de forma positiva sobre os parámetros expostos anteriormente, terá dereito a unha avaliación global que consiste na realización dunha proba escrita de preguntas curtas e/ou tipo test (data marcada no calendario da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte para exames oficiais) sobre todos os contidos traballados na aula tanto nos grupos A, B e C. Esta proba estará basada na rigurosidade e profundización dos coñecementos  e competencias acadadas polos alumnos/as na materia e terá unha ponderación de 10 puntos (100% da nota final).

As actividades non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as

puntuacións previamente conseguidas nos traballos desenvoltos nos grupos B e C. Non se gardan para posteriores cursos.






De non ter superada a materia na primeira convocatoria,
as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. 

As datas oficiais dos
exames pódense consultar na web da facultade na ligazón correspondente http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames







Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000