Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Prevención e tratamento das dificultades na aprendizaxe infantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Explicación do programa da materia, os núcleos de contidos, as competencias que se espera que sexan alcanzadas, o sistema de traballo e de avaliación da materia
Traballo tutelado Serán realizados baixo a supervisión do profesor ou profesora, serán repartidos por grupos . Ao finalizar cada traballo, o grupo que o realizou explicarao brevemente ao resto dos grupos. A elaboración do traballo será supervisada en todo momento polo profesor ou profesora, ben directamente na aula, mediante titoría ou por medios informáticos
Traballo tutelado A alumna ou o alumno, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas,
conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do alumnado que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Lección maxistral Explicación de cada un dos núcleos temáticos dos contidos da materia. O profesor ou a profesora dedicará estas sesións a expor e explicar os contidos da materia. Todo o material que se utilice será entregado ao alumnado. Así mesmo entregáranse os temas referidos aos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000