Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Domínguez Pérez, María Teresa
Correo-e
Profesorado
Domínguez Pérez, María Teresa
Web
Descrición xeral
Esta materia cumpre cun papel fundamental no programa do grao derivado do seu carácter instrumental e formativo:
O carácter instrumental porque traballa as competencias necesarias para situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional. Relacionar a teoría e práctica coa realidade da aula, centro, familias e contexto educativo. Valorar a relación co alumnado e as súas familias como factor de calidade da educación.
O carácter formativo porque aparece unha nova visión de como ensinar e como aprender nunha escola inclusiva dentro dunha sociedade que respecta e acolle o principio e dereito dunha educación para todos e todas. Coñecer e saber exercer as funcións de titoría e orientación. Ofrecer respostas educativas inclusivas, de equidade e valores fundamentais para un íntegro desenvolvemento persoal e social.
En definitiva para que os profesionais con esta formación poidan, dende unha visión crítica e reflexiva, axudar, asesorar, informar e orientar ao alumnado, familias, así como colaborar e participar con outras institucións relacionadas coa educación infantil.