Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Escola inclusiva e atención á diversidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliación dos traballos tutelados e as súas evidencias segundo guía didáctica de avaliación deseñada para cada traballo e entregada aos alumnos. 20
Metodoloxías integradas Avaliación, segundo a guía didáctica que se entregará con cada actividade a realizar, dos distintos criterios e dimensións de análise que conteña esta. En todo caso fará referencia a tres grandes bloques de análise: presentación; contidos; procesos desenvolvidos e resultados obtidos. 40
Probas de resposta curta Trátase dunha proba escrita que avalía os coñecementos teórico-prácticos da materia. Será unha única proba ao final da materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Criterios para superar a materia:

- Alumnado asistente: enténdese por alumnado asistente ao que asista con regularidade a clases (como mínimo un 80%). Este deberá realizar as tres partes indicadas no apartado de Avaliación e será condición indispensable para superar a materia que se obteña en cada unha delas polo menos un 5.

- Alumnado non asistente: enténdese por alumnado non asistente o que non asista con regularidade a clases (falta máis dun 80%). Este deberá realizar unha única proba: un exame no que entran todos os contidos da materia incluídos os abordados nos traballos. Será condición indispensable para superar a materia que se obteña polo menos un 5 neste.

Segunda convocatoria:

As competencias non adquiridas en primeira convocatoria, serán avaliadas en segunda (xullo). De non aprobar entón, non se gardarán.

Responde ás mesmas esixencias e probas realizadas na primeira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000