Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación Código P02G110V01204
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Soto Carballo, Jorge Genaro
Correo-e hesoto@uvigo.es
Profesorado
Soto Carballo, Jorge Genaro
Web
Descrición xeral A materia Teoría e Institucións Contemporáneas da Educación persigue que os alumnos e alumnas adquiran unha visión de conxunto dos principais fenómenos e problemas educativos referidos ao seu quefacer profesional, de xeito que poidan chegar a contemplalos procesos educativos como accións e feitos humanos que actúan coherentemente nun sistema social; permitindo ao alumnado analizar, relacionar e sintetizalos distintos elementos que constitúen estes procesos. Desde esta perspectiva abórdase o estudio das bases fundamentais que fan posible a existencia dos fenómenos educativos: como actúan eses elementos dentro dunha cultura concreta, de que forma se relacionan dentro do sistema educativo, como evolucionan no transcurso do tempo, que mecanismos se poñen en funcionamento ao operar dun determinado xeito, en que sentido se pode afirmar que producen educación, etc.
Os elementos que configuran o estudio teórico e institucional da educación, non poden ser tratados como se estiveran illados, independentemente das estruturas -humanas, físicas ou sociais de que forman parte, senón dun xeito integrado. O que se persigue nesta materia, é que o/a estudante saiba interpretar ao final de curso a realidade educativa nas súas dimensións fundamentais; que desenvolva a razón e o sentido crítico ao estudar a actividade escolar e outros procesos educativos; que saiba intervir pedagoxicamente sobre esa realidade e ter claro cal é o seu papel como mestre/a.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000