Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua galega
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Comunicación: Lingua galega Código P02G110V01201
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía galega e latina
Coordinador/a
Acuña Trabazo, Ana
Correo-e
Profesorado
Web
Descrición xeral A especialidade do Grao en Educación Infantil esixe que o futuro docente posúa, ademais dunha ampla formación en aspectos psicopedagóxicos, unha boa competencia na ferramenta básica da comunicación: a lingua.

O obxectivo desta materia é desenvolver dun modo coherente as capacidades lingüísticas e comunicativas de xeito que se favoreza a transmisión de coñecementos e a formación integral dos discentes. Alén de aprender a escoitar, tres son as destrezas que os profesores deben axudar a perfeccionar nas aulas: a capacidade lectora (comprensión, ritmo, dicción), a expresión oral (corrección, claridade, fluidez) e a expresión escrita (coherencia, unidade, gramaticalidade).

O futuro mestre de Educación Infantil deberá, por tanto, adquirir un nivel adecuado de lingua galega con vistas a desempeñar con eficacia as súas tarefas docentes: utilizando a lingua galega como lingua normal no ensino, servindo de modelo lingüístico para os seus alumnos e corrixindo os erros ou inadecuacións que estes poidan cometer na lingua oral e escrita.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000