Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Recoméndase encarecidamente que se lea esta guía con atención para poder aclarar as dúbidas xa na sesión de presentación da materia o primeiro día e non pasemos o curso aclarando cuestións que xa están recollidas neste documento. Recoméndase poñer atención á documentación que se sube á plataforma virtual MOOVI. Nela están desenvolvidos os temas, esquemas de traballo, fichas e guións para realizar comentarios e outros traballos voluntarios, guías (como a de análise de películas con perspectiva sociolóxica), novas, anuncios, calendario previsto de realizaión do programa e datas das probas de avaliación. Ningún traballo tutelado vai darse por finaliazado ata que non acade a cualificación de apto. Debe poñerse atención á bibliografía máis ampliada e bases de datos importantes para o desenvolvemento dos traballos. Recoméndase ver os vídeos, documentais e películas que se propoñen nos diversos temas da materia pois contribúen a abrir o foco e a mellorar a comprensión do tema. Tamén é importante ler a prensa e estar ao tanto dos acontecementos, e ter unha actitude aberta, curiosa e crítica ante o mundo. Polo tipo de materia que é faise máis fincapé nos aspectos reflexivos que memorísticos. A segunda convocatoria terá os mesmos requirimentos, de tal maneira que as partes superadas na primeira non hai que repetilas. En caso de non poder asistir establecerase un sistema de traballo en titoría que permita solventar esta situación sen menoscabo do cumprimento de todos os resultados e de acadar todas as competencias establecidas na guía.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000