Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Socioloxía: Socioloxía da educación Código P02G110V01105
Titulacion
Grao en Educación Infantil
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Correo-e
Profesorado
Web
Descrición xeral Materia básica na formación inicial do profesorado de Educación Infantil, imprescindible para que as e os futuros docentes comprendan a complexidade dos procesos e relacións educativas.
A reflexión que se fai nesta materia debería contribuír a unha praxe docente racional e consciente.
Os contidos céntranse fundamentalmente no proceso de socialización e nas súas axencias e ámbitos principais, e, nomeadamente, na escolarización nas sociedades modernas; mais tamén se dá a debida importancia aos aspectos xerais da disciplina sociolóxica.
O programa pretende achegar as dimensións estruturais e ideolóxicas que preceden, condicionan e entrelazan os procesos educativos. Preténdese:
- Abordar os aspectos sociais -non pedagóxicos nin didácticos- implicados na educación.
- Contextualizar os procesos educativos no seu medio social e histórico, nomeadamente na actualidade, reflexionando sobre os profundos cambios sociais actuais.
- Adquirir coñecementos básicos de Socioloxía e poder usar as súas achegas teóricas como ferramentas de análise e comprensión da realidade social e educativa.
- Incorporar coñecementos de disciplinas afíns.
- Desenvolver capacidades de comprensión e análise do medio social e a capacidade de aplicación para avaliar e prever o impacto, máis alá da aula e da práctica profesional diaria, na integración da comunidade, na resolución de conflitos e na innovación educativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000