Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil Código P02G110V01103
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Martínez Figueira, María Esther
Correo-e esthermf@uvigo.es
Profesorado
Martínez Figueira, María Esther
Web
Descrición xeral Esta materia cumpre un papel fundamental derivado do seu carácter instrumental e formativo:
- Ten un carácter instrumental porque se traballan as competencias necesarias para o manexo das tecnoloxías como ferramentas para a procura, tratamento, organización e representación da información. Neste sentido, serve de apoio a outras materias do plan de estudos.
- Ten un carácter formativo porque ofrece unha nova visión de como ensinar e como aprender na escola (etapa 0-6) dentro da sociedade da información e o coñecemento.
Nesta materia terás a oportunidade de coñecer, analizar e valorar cal é o novo papel do profes@r, de l@s alumn@s e dos elementos que configuran o acto didáctico, cal é a nova maneira de ensinar e aprender en educación infantil coa tecnoloxía. Así coñecerás, entre outras cousas, a usar novos recursos didácticos con base tecnolóxica, como deseñar e elaborar materiais didácticos empregando a tecnoloxía, que estratexias de traballo empregar coas novas tecnoloxías na escola ...
Por último, como maestr@ será necesario que sexas capaz de axudar aos nenos e nenas de 0-6 anos a desenvolverse neste novo ámbito tecnolóxico pero cunha visión crítica e reflexiva, que lle permita descubrir nas tecnoloxías unha ferramenta non só para o seu lecer e tempo libre, senón tamén para a súa formación como parte dunha cidadanía libre e responsable.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000