Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2011_12
Materia Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil Código P02G110V01103
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organicación escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Martinez Figueira, Maria Esther
Correo-e esthermf@uvigo.es
Profesorado
Martinez Figueira, Maria Esther
Web
Descrición xeral Esta materia cumpre un papel fundamental derivado do seu carácter instrumental e formativo:
- Ten un carácter instrumental porque traballa as competencias necesarias para o manexo das tecnoloxías como ferramentas para a busca, o tratamento, a organización e a representación da información. Neste senso, serve de apoio a outras materias do plano de estudos.
- Ten un carácter formativo porque ofrece unha nova visión de cómo ensinar e cómo aprender na escola dentro da sociedade da información e o coñecemento.
Nesta materia terás a oportunidade de coñecer, analizar e valorar cal é o novo papel do profesor, dos alumnos e dos elementos que configuran o acto didáctico, cal é a nova maneira de ensinar e aprender coa tecnoloxía. Así coñecerás, entre outras. usas, novos recursos didácticos con base tecnolóxica, cómo deseñar e elaborar materiais didácticos empregando a tecnoloxía, qué estratexias de traballo empregar coas novas tecnoloxías na escola,...
Por último, como mestre será necesario que sexas capaz de axudar ós teus alumnos a desenvolverse neste novo entorno tecnolóxico pero cunha visión crítica e reflexiva, que lle permita descubrir nas tecnoloxías unha ferramenta non só para o ocio e o tempo de lecer, senón tamén para a sú formación como cidadáns libres e responsables.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000