Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Comunicación: Lingua española
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías expresadas na guía docente mantéñense, coa diferencia de que, no caso de que debamos ir a unha docencia mixta ou totalmente en liña, se empregará o Campus Remoto da Universidade de Vigo e Moovi.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Procurarase que as sesións maxistrais sexan máis participativas e co-construídas co estudantado.Para evitar que o alumnado teña problemas para seguir as clases en caso de confinamento total y por mor de problemas de conciliación e/ou conectividade, proporcionarse todo o material da materia e, de ser preciso, poderanse gravar vídeos explicativos.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Atenderase ao estuadantado a través de calquera medio telemático (correo-e, videoconferencia, Moovi...), pero preferiblemente mediante os despachos virtuais do profesorado no Campus Remoto. Na materia correspondente de Moovi engadirase, como todos os anos, unha ficha con todos os datos do profesorado así como as horas de titorías e un enlace ao despacho virtual. As titorías se realizarán concertando un día e hora entre o/a estudante e o/as profesor/as.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
Non hai
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Facilitarase toda a bibliografía adicional necesaria para facilitar o auto-aprendizaxe a través de Moovi
* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As probas de avaliación non sufren ningunha modificación. O envío e recepción das probas realizarase mediante Moovi. O examen e todas as probas que o requiran realizaranse con control de identidad a través do Campus Remoto na aula virtual correspondiente ou nos despachos virutas do profesorado. As probas realizadas por este medio serán grabadas.

* Información adicional
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000