Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Fundamentos das actividades de loita
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
Gamificación A lección maxistral ordinaria efectuada na aula teórica combinarase con actividades interactivas en gran grupo (xogos de preguntas) para os estudantes que asistan a clase, onde poderán conseguir puntos para a avaliación final.
Design Thinking Actividade en pequenos grupos a modo de escape room onde o estudantado resolve diferentes problemas vinculados á historia da loita.
Traballo tutelado Traballo relacionado coa didáctica das actividades de loita que se realiza na aula baixa a supervisión do profesor.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades na que se formulan exercicios relacionados coa materia na súa PARTE TEÓRICA. O estudantado debe desenvolver os exercicios de forma autónoma.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos especiais co equipamento especializado (tatami).
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades na que se formulan exercicios relacionados coa materia na súa PARTE PRÁCTICA. O estudantado debe desenvolver os exercicios de forma autónoma.
Traballo tutelado Traballo relacionado co proceso de ensino aprendizaxe das caídas, que se realiza na aula e fóra da aula baixo a supervisión do profesor.
Aprendizaxe colaborativa Consultas que o estudantado mantén co profesorado da materia no tatami para o asesoramento/desenvolvemento das actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Titorías prácticas que se desenvolven no tatami. Establécese unha aprendizaxe colaborativa porque os estudantes axúdanse uns a outros no proceso de aprendizaxe baixo a supervisión do profesor.
Traballo tutelado Traballo relacionado co proceso de ensino aprendizaxe das técnicas, que se realiza na aula e fóra da aula baixo a supervisión do profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000