Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Informe da titora ou titor académico sobre o seguimento do traballo do alumnado 30 B13
B14
B21
B23
B25
B26
C1
C2
C3
C4
C17
C20
C21
C24
C26
Presentación Informe do tribunal sobre a memoria doTFG, exposición e defensa 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A calificación será a suma ponderada da calificación do Tribunal (70%) máis a valoración do titor/a (30%). A valoración do Tribunal será o promedio aritmético das notas atribuidas por cada un dos seus membros.
O TFG debe ser un traballo persoal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras doutra autoría
acreditarase explicitamente a súa orixe.
Aqueles estudantes que non superen o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á segunda
convocatoria no mes de xullo.
As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da
Facultade:http://fcced.uvigo.es/gl/
No caso de obter a cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ou segunda convocatoria, o tribunal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante e ao/o titor/a para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación.
Conforme a normativa vixente, con independencia de ser estudantes asistentes como non asistentes, o alumnado disfrutará
de condicións equivalentes de avaliación

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000