Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN E DEFENSA DO TFG.
1. O alumno/a solicitará a presentación e avaliación do TFG co visto e prace do seu respectivo titor/a académico.
2. A solicitude de presentación, dirixida á Comisión de Coordinación Académica, deberá ir acompañada da versión escrita e electrónica do TFG por cuadriplicado co visto e prace do titor/a académico. Poderá achegarse a documentación ou material adicional que se estime oportuno para que sexa tomada en consideración polo Tribunal avaliador. A FCED porá ao dispor do alumnado unhas orientacións académicas e de estilo para a presentación escrita da memoria do TFG.
3. A efectos de avaliación, o titor/a académico emitirá un informe no que valorará (de 0 a 3 puntos) o labor realizado pola alumna/o durante o período de elaboración do TFG. Este informe acompañará a documentación referida no punto 2. Os criterios de avaliación ficarán recollidos na guía docente da materia.
4. En atención ás solicitudes presentadas, a Comisión establecerá, de acordo co Tribunal avaliador, e publicará a orde para a celebración do acto de presentación pública do TFG. Polo menos, fixarase unha data na convocatoria ordinaria de xuño e outra na extraordinaria de xullo.
Presentación ACTO DE PRESENTACIÓN E DEFENSA PÚBLICA DO TFG.
1. O acto de presentación será realizado polo alumno/a en sesión pública na data e hora asignada. De maneira excepcional, a Comisión de Coordinación Académica poderá aprobar outra modalidade, previa solicitude formal e motivada do alumno/a e sempre que sexa posible.
2. O alumno/a exporá nun tempo máximo de quince minutos un resumo do TFG e dos principais resultados e conclusións acadados. Posteriormente, sen superar os trinta minutos, os membros do Tribunal avaliador realizarán as observacións e consideracións oportunas.
Titoría en grupo O titor poderá establecer titorias grupais para dar as indicacions xerais para cada fase do traballo
Lección maxistral Existirán titorias en pequeno grupo para expoñer toda a reglamentacion relativa ó TFG
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000