Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saude e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dunha maneira mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen:
Para o curso 2021-22, non hai modificacións significativas nas metodoloxías no tres escenarios docentes previstos. A única adaptación resaltable, é a relativa ao seu modo de execución. No posible escenario de ensino mixto ou semipresencial, as
metodoloxías levarían a cabo de modo presencial e virtual. Por outra banda, que no escenario de ensino a distancia, as metodoloxías previstas adaptaríanse a unha modalidade de execución virtual.
* Metodoloxías docentes que se modifican:
Non se modifica a dinámica propia de ningunha metodoloxía docente, excepto, como se di no apartado anterior, a súa modalidade de execución, presencial e virtual (no caso dun escenario mixto); e exclusivamente virtual (no caso dun escenario a distancia).
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
No potencial escenario de docencia semipresencial, as sesións de titorización
poderán realizarse presencialmente, nas aulas e no despacho do profesorado, baixo a modalidade de concertación previa e no horario que se estableza.
No caso dun escenario docente na modalidade a distancia, a titorización realizarase unicamente polos medios telemáticos mencionados.
* Outras modificacións
Ferramentas para a docencia virtual. No escenario de docencia semipresencial, ademais da docencia presencial nas aulas, a actividade docente virtual impartirase mediante Campus Remoto e preverase ao mesmo tempo o uso da plataforma de
teledocencia Moovi como reforzo, e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.
No escenario de docencia a distancia, a actividade docente realizarase exclusivamente de modo virtual.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Todas as probas propostas na guía docente para as próximas convocatorias, mantéñense en calquera do tres modalidades de ensino previstas: presencial, mixta e a distancia, para o curso 2021-22. Os criterios de avaliación, así como a súa ponderación sobre a nota final, mantéñense para o alumnado. Os procedementos ou tipoloxía de probas de avaliación, tampouco se modifican no seu modo de execución, no caso dos dous potenciais escenarios docentes extraordinarios previstos.
Así, no caso de estar nunha situación de ensino mixto ou seemipresencial, as probas de avaliación poderán ser organizadas de modo presencial, dependendo das instalacións e medios dispoñibles. Si non fose posible facelas presencialmente, combinaríase a modalidade presencial coa virtual, ou se realizarían exclusivamente de forma virtual.
Si a situación é de ensino a distancia, todas as probas de avaliación realizaranse de modo virtual.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000