Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Especialización en deportes individuais II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Metodoloxía docente que se modifica:

No caso de impartir docencia en modalidade non presencial, as guías docentes deberán reflectir que a actividade docente impartirase mediante Campus Remoto, e preverase así mesmo o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e
sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

Metodoloxía NON presencial de atención ao alumnado (Titorías)

As guías docentes contemplarán para todas as modalidades que as
sesións de titoría poderanse realizar por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de FAITIC, ...) baixo a modalidade de cita previa.

Adaptación da avaliación:

En caso de confinamento durante o segundo cuadrimestre, os criterios de avaliación serán os seguintes:

1ª CONVOCATORIA:

. Cualificación obtida pola realización do traballo teórico de investigación: 30%
· Cualificación obtida no exame: 70%


2ª CONVOCATORIA:

Manteranse as notas do traballo teórico de investigación, é dicir, os criterios de puntuación serán os mesmos que na 1ª convocatoria. Quen non realicen/presentado devandito traballo durante a 1ª convocatoria, NON PUNTUARÁN NESTE APARTADO.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000