Será imprescindible para superar a asignatura: Alcanzar un mínimo de 5 puntos en cada unha das dúas probas de avaliación. Presentar en tempo e forma os diferentes traballos vinculados aos diferentes temas da materia. Presentar e defender o traballo tutorizado na aula. O alumnado que non supere o 80% de asistencia ás clases prácticas, deberá realizar unha serie de exercicios teórico-prácticos (a coordinar coa profesora) vinculados á temática das devanditas clases, ademáis do examen de preguntas obxectivas. Debe alcanzar unha puntuación mínima de 5 en cada proba. En caso de non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. Só se gardará a nota da parte aprobada para a segunda convocatoria do mesmo curso académico. As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na ligazón: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames Os mesmos criterios da convocatorio de xuño, rexen no resto de convocatorias. |