Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Novas tendencias de exercicio físico en adultos maiores con patoloxías
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Como consecuencia da COVID-19 e de acordo coas medidas extraordinarias e urxentes para o desenvolvemento da organización docente non curso 2020/2021 en caso de crise sanitaria, aprobadas polo Consello de Goberno do 12 de xuño de 2020 e a Resolución Reitoral do 17 de xuño de 2020 para o seu implementación, elaborouse unha instrución desde a VOAP para a elaboración das guías docentes.

A docencia desta materia en caso de rebrote do COVID-19 será mediante modalidade presencial virtual (Aula 12; https://campusremotouvigo.gal/*public/2025273042), na que nin o profesor nin o alumnado asisten á aula física. As clases e a avaliación levarán a cabo por campus remoto e plataforma moodle. Chegado o caso, activaríase esta modalidade mediante RR.

As titorías terán lugar a través do campus remoto, nos despachos virtuais do profesorado da materia.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Proba Traballos: [Peso anterior 60%] [Peso Proposto 70%]
Proba Exame: [Peso anterior 40%] [Peso Proposto 30%]
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000