Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Programas de exercicio físico e benestar
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación de coñecemento a situacións concretas e adquisición de habilidades básicas e procesuais relacionadas coa materia estudada. Dependendo do contido, pódense desenvolver en espazos especiais con equipamento especializado

Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa asignatura. O alumno
debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a ejercitación de rutinas, a
aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da
información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da
lección magistral.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre
contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto...
Flipped Learning O estudante recibirá a través da plataforma de teledocencia faitic documentación para que poida traballar sobre ela e posteriormente poder expor ao profesor dubidas ou problemas de aprendizaxe relacionada con estes contidos
Traballo tutelado
O alumno, nun pequeno grupo, prepara un documento sobre o tema da materia previamente acordado co profesor.
Lección maxistral O carácter da materia fai necesario combinar varios tipos de metodoloxías, dependendo da natureza dos obxectivos a alcanzar e os contidos a tratar. Avogarase por unha metodoloxía activa, alternando exposicións maxistrais e traballo en pequeno grupo nas sesións teóricas e vivencia das diferentes propostas de tarefas (do profesor e dos propios alumnos) nas sesións practicas.
Ademais, o alumno disporá dun soporte virtual de apoio á docencia, a través da plataforma co que poderá realizar un seguimento parcialmente on-line da materia.
- Organización da docencia:
As sesións de carácter teórico e práctico desenvolveranse en horario e localización fixadas polo centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000