Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Especialización en deportes colectivos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Valorarase a participación activa nas prácticas. 20 B17
B25
B26
C5
C8
C9
C11
Resolución de problemas e/ou exercicios O exame constará de preguntas curtas e de aplicación 40 B3
B4
B6
B17
C9
C11
Traballo O traballo de aplicación versará sobre a Planificación do proceso de adestramento-competición nun deporte colectivo. Poderá ser realizado por parellas, e poderá seleccionarse de entre dúas temáticas:
- Proposta de deseño de planificación dunha tempada nun deporte colectivo
- Proposta de secuenciación de contidos en planificación a longo prazo nas etapas de formación nun deporte colectivo
Data de entrega: día do exame.
A súa extensión non poderá superar as 100 páxinas
40 B1
B3
B4
B6
C5
C9
C11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todo o alumnado asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado (mediante exame ou segundo estableza a guía docente).

a) Na convocatoria do primeiro cuadrimestre (xaneiro-febreiro) o exame terá unha valoración do 40%, o traballo-proxecto un 40% e a participación activa nas sesións prácticas un 20% (deberán asistir como mínimo ao 80% das sesións prácticas). Os alumnos que non cumpran o 80% de asistencia práctica, deberán realizar un exame práctico e/ou se incluirá unha pregunta/s extras de desenvolvemento no exame de preguntas cortas e aplicación. É indispensable superar o exame teórico cunha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar a materia.

b) De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo. Nesta convocatoria (xuño-xullo) e na de fin de carreira (setembro) o exame terá unha valoración do 60% e o proxecto-traballo un 40%. Gardaranse as notas do exame e traballo da convocatoria do primeiro cuadrimestre se fose o caso.

c) As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000