Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Deportes náuticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio METODOLOXIAS DE AVALIACIÓN CONTÍNUA:
Polo carácter da materia, haberá que participar activamente como mínimo no 85% das sesións prácticas de remo e no 85% das sesións prácticas de piragüismo como requisito previo para ter dereito a avaliación contínua da parte práctica da materia (a participación debe ser activa, de forma que se o alumno/a asiste á sesión pero non interven nas actividades propostas, a asistencia non será contabilizada). Isto supon que o tope máximo de faltas (enfermidade, lesión, asuntos persoais, etc.) é de 2 entre remo e piragüismo (unha a remo e unha a piragüismo ou ao revés: unha a piragüismo e unha a remo), non podendo de ningunha maneira faltar a 2 prácticas de cada unha das dúas disciplinas (2 faltas a remo ou 2 faltas a piragüismo).
As prácticas supoñen o 40% da cualificación final e realizaránse no río Lérez (tamén poderá facerse algunha práctica en terra nos ergómetros). A avaliación da docencia práctica realizaráse de forma continua mediante o control de asistencia diaria do alumnado con participación activa e a observación sistemática por parte do profesor do seu rendemento e o nivel técnico acadado ao longo do cuatrimestre (avaliaráse o transporte do material, o seu axuste, o manexo e maniobrabilidade técnica da embarcación, etc.). A cualificación será de 0 a 10 puntos e haberá que acadar como mínimo 5 puntos para superar este apartado. O profesor pasará un parte diario de firmas de asistencia ás prácticas de laboratorio e ademais o día de presentación da materia, proporcionará unha ficha ao alumnado para que a devolvan ó profesor coa sua fotografía e os datos pertinentes, dentro da primeira semana de comenzo das prácticas.
40 B7
B10
B13
B23
B24
B25
B26
C1
C8
C9
C10
Exame de preguntas obxectivas Encamiñada a avaliar a integración dos contidos teóricos por parte do alumnado. Enténdese tamén por contido teórico calquera explicación ou concepto que se manexe nas sesións prácticas.
Esta proba realizaráse na data oficial e constará de 50 preguntas tipo test (25 de remo e 25 de piragüismo) con 4 opcións de resposta, sendo obrigatorio respostar a todas as preguntas; as respostas erróneas non descontarán. A cualificación será de 0 a 10 puntos e haberá que acadar como mínimo 5 puntos para superar este apartado.
25 B7
B10
B14
B24
C1
C8
C9
C10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Ao rematar primeiro as prácticas de remo e logo as de piragüismo o alumnado, de xeito individual, deberá presentar unha memoria de todas as prácticas feitas.Para elaborar esta memoria o profesorado facilitará un modelo tipo de ficha o primeiro día das prácticas de laboratorio. Para completar este informe, o profesor, antes de comenzar cada sesión práctica, indicará brevemente no pantalán ao alumnado os obxetivos, características, contidos, etc. da mesma e os alumnos deberán tomar as notas oportunas; do mesmo xeito o alumnado ao rematar a sesión e traballando pola sua conta deberán completar a ficha. No caso de que os profesores detectasen que as memorias fosen copiadas entre dous ou mais alumnos ou alumnas, éstes deberán facer un traballo individual relacionado coa materia. Unha vez remate a parte práctica de remo habilitarase un espazo en Moovi cun tempo límite dunha semana para que o alumnado poida subir as memorias en formato PDF, e farase o propio cando rematen as prácticas de piragüismo (fora deste prazo non se admitirá ningunha memoria). A cualificación será de 0 a 10 puntos e haberá que acadar como mínimo 5 puntos para superar este apartado. 35 B7
B10
B12
B23
B26
C1
C8
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Observacións: Unha vez cumprido o requisito de asistencia a un mínimo do 85% con participación activa ás prácticas  tanto de remo como de piragüismo, a cualificación final do alumno/a será a nota media ponderada de cada un dos tres apartados (40%-25%-35%) sempre coa premisa de haber alcanzado unha puntuación mínima de 5 en cada un dos tres apartados. Se o alumno non chega a 5 en calquera dos tres apartados a sua cualificación na nota final será de suspenso. A cualificación positiva de unha ou duas partes conservaráse únicamente ata a seguinte convocatoria de xuño/xullo. De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño/xullo.

METODOLOXÍAS DE AVALIACIÓN GLOBAL:

Aqueles alumnos/as que non cumprisen co requisito previo de asistir a lo menos ao 85% das prácticas con participación activa tanto a remo como a piragüismo ou ben figuren como non presentados/as dentro do cuatrimestre, non poderán acollerse a modalidade de avaliación contínua e terán que acollerse obrigatoriamente á modalidade de Avaliación Global. Nesta modalidade terán que facer un exámen práctico da materia na data oficial, polo que se lles recomenda que previamente fagan as pertinentes prácticas en algún club de remo e/ou piragüismo (esta proba ponderará un 50%); ademais deberán superar o exámen teórico da materia (que ponderará un 25%) e realizar un traballo individual consistente na elaboración dunha progresión didáctica para a aprendizaxe do remo e do piragüismo (que ponderará un 25%). As pautas de devandito traballo, serán facilitadas polos profesores. 

As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade na ligazón http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000