Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Biomecánica da técnica deportiva
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.


=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas
* Metodoloxías docentes que se modifican: Ningunha. Todas as metodoloxías impartiránse de maneira telemática mediante o uso das utilidades integradas no Campus Remoto da Universidade de Vigo e a plataforma de teledocencia FAITIC como reforzo, sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado os contidos docentes.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): As sesións de titorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico institucional do profesorado implicado na materia e disponible na web da Facultade, videoconferencia mediante o uso das aplicacións telemáticas integradas no Campus Remoto da Universidade de Vigo, foros en Moovi,...) baixo a modalidade de concertación previa.
* Modificacións (se proceden) dos contidos a impartir: Non procede
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
* Outras modificacións: Non hai


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas xa realizadas: Manteñense as proporcións
* Probas pendentes que se manteñen: Todas
* Probas que se modifican: Ningunha
* Novas probas: Ningunha
* Información adicional:
Os controis e/ou exames non presenciais no campus remoto faranse con monitorización audiovisual do alumnado. Se hai impedimentos técnicos ou personais que o impidan, as probas serán orais. Todas as probas serán gravadas para ter constancia documental. Isto tamén sucederá coas sesións de revisión de exames.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000