Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Actividades físicas e de aventura no medio natural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio É necesario asistir, polo menos, ao 80% das prácticas para poder puntuar esta parte da avaliación. Como son 12 prácticas haberá que asistir a un mínimo de 10. 15 B9
B13
B15
B24
B25
B26
C1
C22
C25
C26
C29
Exame de preguntas obxectivas Hai que ter superado o examen teórico para aprobar a materia. 50 B9
B13
B15
B24
B25
B26
C1
C22
C25
C26
C29
Traballo O alumnado organizarase en pequenos grupos para realizar un traballo vinculado á materia aplicable a un contexto real. Este traballo deberá superarse cunha nota mínima de 5 para aprobar a materia.
35 B9
B13
B15
B24
B25
B26
C1
C22
C25
C26
C29
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todo o alumnado asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado (mediante exame ou segundo estableza a guía docente).

a) Na convocatoria do segundo semestre (maio) o exame terá unha valoración do 50%, o traballo un 35% e a participación activa nas sesións prácticas un 15% (deberán asistir como mínimo ao 80% das sesións prácticas). Os alumnos que non cumpran o 80% de asistencia práctica, deberán realizar un exame práctico e/ou se incluirá unha pregunta/s extras de desenvolvemento no exame tipo test. É indispensable superar o exame teórico, o práctico (se fora o caso) e o traballo da materia cunha cualificación mínima de 5 puntos en cada un para aprobar a materia.

b) De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo. Nesta convocatoria (xuño-xullo) e na de fin de carreira (setembro) o exame terá unha valoración do 65% e o traballo un 35%. Gardaranse as notas do exame e traballo da convocatoria de maio se fose o caso.

c) As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000