Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Realizaranse diversas prácticas vinculadas aos contidos e competencias do proceso de planificación didáctica do ensino da educación física e do deporte.
Presentación O alumnado presenciará e realizará dunha forma activa presentacións e/ou exposicións relacionadas cos contidos da materia e defensa dos mesmos en pequeno e gran grupo.
Seminario A titoría en grupo será unha condición fundamental para o entendemento e correcta orientación das presentacións e exposicións, así como para clarificar diversos aspectos do ensino/aprendizaxe dos procesos de planificación didáctica.
Saídas de estudo Poderanse desenvolver saídas para a observación ou deseño e dirección de sesións de intervención práctica vinculadas aos bloques de contidos do currículo oficial de educación física na educación secundaria obrigatoria en Galiza.
Resolución de problemas Deseño, programación e impartición de tarefas vencelladas os contidos da materia
Lección maxistral A lección maxistral pretende dotar ao alumno das ferramentas conceptuais dos contidos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000