Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Didáctica dos procesos de ensino-aprendizaxe na actividade física e o deporte II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisíbel evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
A) Metodoloxías docentes que se modifican
Realizaranse as mesmas metodoloxías docentes que as contempladas nunha situación sen alerta pero adaptándoas a unha modalidade online. A tal fin empregarase o Campus Remoto e outras ferramentas como Zoom, ademais de Faitic ou Moovie (e aquelas outras que estean dispoñíbeis no momento e poidan ser empregadas de mutuo acordo polo alumnado e o profesorado para desenvolverse na materia).
Polo tanto as metodoloxías serán:
- Lección maxistral. Realizarase a través do Campus Remoto. Terán como soporte para o seu seguimento documentación e material didáctico dispoñíbel en Claroline.
- Traballo tutelado. O alumnado traballará en grupo mediante ferramentas como google drive ou dropbox. En caso de imposibilidade de acceso a estes recursos, o traballo poderá ser individual. A entrega será online mediante plataforma de teledocencia (Claroline). Desenvolvemento de xuntanzas de titoría virtuais cos grupos de traballo nos medios a disposición no campus remoto (despacho virtual, sala de xuntas).
- Resolución de problemas. Realizaranse online mediante o Campus Remoto e outras plataformas para a docencia online como Zoom, Moodle ou Google Classroom. Para avaliación tamén empregaranse ferramentas da plataforma Google, Kahoot ou outras apps semellantes. A entrega das tarefas poderá ser por correo electrónico ou por plataforma de teledocencia Faitic.

- Prácticas de laboratorio. Realizaranse online a través de Zoom e o Campus Remoto da Uvigo. Algunhas poderán ser enviadas en forma de tarefa que o alumnado terá que realizar de xeito autónomo e cumprimentar unha avaliación. As tarefas estarán orientadas ao deseño de sesións/unidades didácticas/proxectos educativos dirixidos ao ensino–aprendizaxe no eido das actividades físicas e deportivas.

B) Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías desenvolveranse a través do campus remoto.
Ana Rey Cao -Sala 2129 (https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/912187149)
Pedro Vicente Vila -Sala 2704 (https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/655079582)
Rocío Carballo Afonso - Sala 396.
(https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/663555700)

Como alternativa, só cando sexa necesario, realizaranse por correo electrónico (pvicente@vigo.es; anacao@uvigo.es,rociocarballo@uvigo.es).
A profesora Ana Rey Cao poderá empregar a ferramenta Doodle para a xestión das titorías.
O protocolo de titoría virtual no Campus Remoto establece a obriga de concertar cita previa mediante correo electrónico no enderezo pvicente@uvigo.es

C) Outras modificacións
No caso da semipresencialidade as metodoloxías poderán realizarse nun contexto presencial pero modificando as prácticas motrices de tal xeito que se respecte a distancia interpersoal e o esforzo físico sexa moi moderado. As prácticas pasarán a ser exemplificacións dalgúns alumnos/as (que rotarán na participación) e o resto do alumnado analizará esas prácticas. Empregarase a modalidade de ensino en pequenos grupos.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas pendentes que se manteñen
- Proba: Presentación. Presentación por escrito dunha Unidade Didáctica ou Proxecto Educativo vencellado ás sesións prácticas aleatorias deseñadas e dirixidas seguindo os principios da didáctica. [Peso anterior 20%] [Peso Proposto 30%]
- Proba: Traballo. Presentación escrita dunha programación anual de educación física ou dunha planificación didáctica. [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 50%]
- Proba. Resolución de problemas: [Peso anterior 10%] [Peso Proposto 20%]
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000