Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Actividade física e deporte recreativo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Asistencia e implicación do/da alumno/a. 30 B10
B13
B16
B21
B25
C28
Probas de resposta curta Exame teórico.
Tipo test e/ou resposta curta.
70 B7
B10
B12
B13
B16
B21
B23
B24
B25
B26
C28
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Todo o alumnado asista ou non ás aulas, ten dereito a ser avaliado (mediante exame ou segundo estableza a guía docente).

a) Na convocatoria do segundo cuadrimestre (maio-xuño) o exame terá unha valoración do 70% e a participación activa nas sesións prácticas un 30% (deberán asistir como mínimo ao 80% das sesións prácticas). O alumnado que non cumpra o 80% de asistencia práctica, deberán realizar un exame práctico e/ou se incluirá unha ou varias preguntas extras de desenvolvemento no exame de preguntas curtas. É indispensable superar o exame teórico e o práctico (se fose o caso) cunha cualificación mínima de 5 puntos para aprobar a materia.

b) De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xuño-xullo. Nesta convocatoria (xuño-xullo) e na de fin de carreira (setembro) o exame teórico terá unha valoración do 70% e o práctico un 30% (se ten superada a parte práctica na convocatoria anterior no será preciso facer este exame). O examen práctico consistirá en preguntas extras de desenvolvemento no exame de preguntas curtas.

c) As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000