Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Actividade física e deporte adaptado
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen: Seminario e Lección Maxistral.

* Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio: As clases prácticas realizaranse de maneira síncrona a través do campus remoto.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Usarase o campus remoto e concretamente os despachos virtuais dos profesores (185 e 2721)

* Modificacións (si proceden) dos contidos a impartir
A docencia non presencial a actividade docente desenvolverase a través do Campus Remoto e a plataforma de teledocencia Faitic.

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non se contempla.

* Outras modificacións
Gravaranse vídeos dos contidos a impartir mediante a ferramenta Powerpoint. Xeraranse links para descargar os mesmos, que se porán a disposición do alumnado vía Faitic.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Proba Exame teórico: [Peso anterior 70%] [Peso Proposto 40%]
Proba Traballo: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 60%]
...
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000